tag:blogger.com,1999:blog-64760793310273887602008-06-16T19:59:55.267+02:00CADERNO DE BITÁCORAavelaíñahttp://www.blogger.com/profile/01306386962415562056noreply@blogger.comBlogger9125tag:blogger.com,1999:blog-6476079331027388760.post-407187934059199212008-05-09T00:53:00.008+02:002008-05-09T17:59:35.353+02:00Declaración Irmanciña.
Non falas porque es parvo. E colles mal os cubertos mentres emites ruidos estranos coa boca chea de macarróns con queixo. Ao teu lado, tarzán sería o gentleman que toda adolescente precintaría nas paredes do cuarto. Ademáis tes as unllas negras de argallar na cadena da bicicleta. Lévaste a matar coas ecuacións inda que aspires a enxeñeiro. E non lle toques as narices á cadela, que calquer día vanche aparecer roídos os cables da Play. Por moito que rapees, os Rolling seguirán atronando a casa: somos tres contra un. Así que vaille poñer as medias a túa avoa que hoxe tócache a ti.

Non falas porque eres tímido. E gústanche máis os macarróns con queixo que preparo eu que os de mamá. Volves toliñas ás rapazas con ese look desaliñado. Ademáis, estás feito un "manitas". E inda que che custe aprobar as matemáticas, loitas para gañar. Ás veces a cadela vaite espertar ao cuarto e, cando quere xogar coa pelota, búscate a ti. Pídesme que che grave música e poñémonos a tolear. E faslle sorrir á avoa cando non a pescas facendo trampas coas cartas.

Pero, por deus, non volvas tirar unha vengala dende o balcón, que os novos xeranios son ben bonitos.
avelaíñahttp://www.blogger.com/profile/01306386962415562056noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-6476079331027388760.post-10666107649802242472008-05-07T16:54:00.005+02:002008-05-07T17:39:36.279+02:00Abril.

Se teño que definir "tenrura" a palabra precisa é abril. Non por ser o mes das flores nin porque a primavera altere o sangue. Abril porque nel sempre suceden cousas inesperadas e si lle teño que ter cariño a un mes como llo teño a un can, abril sería o meu fiel compañeiro de apertas e nostalxias.

Abril tróuxome en volandas. En ocasións demostroume que a lei da gravidade é paralela ás gañas que lle poñas. E que as catro estacións inflúen na atemporalidade das terminais. Abril sacoume a pasear e marcou as coordenadas mexando nas farolas, mais nunca lle tiven que por a correa porque xamáis se perdeu buscándome.
Con abril son un ano máis vella. E é probable que comece a terlle manía cando chegue aos 30. Daquela, escollerei outro mes para coidar na memoria. Todo o mundo sabe que as mascotas non duran moito máis dunha década.

avelaíñahttp://www.blogger.com/profile/01306386962415562056noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-6476079331027388760.post-8417362619283320502008-05-06T23:47:00.009+02:002008-05-07T07:11:11.141+02:00Perfumes cotiáns.

Velaquí a miña lista de perfumes:

1. O vendaval da costa.
2. A tinta impresa no xornal a primeira hora da mañá.
3. O café de pota.
4. A roupa a secar na chousa.
5. As mazás maduras, no chan, xa caídas da mazaira.
6. A choiva de inverno.
7. O acondicionador do pelo.
8. Os postres da avoa.
9. O feixe de billetes para pagar o aluguer (¿estes en realidade ulen ou será máis ben un efecto psicolóxico?).
10. Un libro antigo.
11. O cacao para os beizos.
12. A lonxa do porto.
13. Algodón de azucre.
14. As igrexas baldeiras.
15. Un martes de mercado.

16. O faiado coas súas cousas valiosísimas.

17. O parque a primeiros de maio.

18. Os xeranios do balcón.

19. A pel en agosto.

20. A pel de él.
avelaíñahttp://www.blogger.com/profile/01306386962415562056noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-6476079331027388760.post-11951251705953625432008-01-14T20:16:00.000+01:002008-01-14T20:39:25.723+01:00Pequena reflexión.A cidade ten un son profundo e averiado. Ten ritmo, e, se cadra, ata rima.
E non me refiro ao son do cláxon ou ao bullicio dos transeuntes que entran no traballo ou mercan hortalizas na praza de abastos. A cidade é un ente propio que respira, coma o misterio do universo.avelaíñahttp://www.blogger.com/profile/01306386962415562056noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-6476079331027388760.post-67419563300262171442007-12-09T15:58:00.001+01:002008-05-07T00:44:55.452+02:00

É funambulista esta terra, sentada na pedra bota lume pola boca.
Foron as chamas do millo en agosto as que preñaron a pedra e así se enxendrou antes dos séculos. Habería formas máis bonitas de nacer pois donde habita a terra anidan as cigoñas.
avelaíñahttp://www.blogger.com/profile/01306386962415562056noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-6476079331027388760.post-71049406286357450812007-11-24T21:35:00.001+01:002008-05-07T00:43:37.755+02:00

Buscamos recunchos nos que sedimentar
focos de luz
para espirse cada mañá
mentres no tempo
só existe o asfalto en bicicleta
¿Por que corremos lento?
Non teño máis piñóns que vinte dedos
a arquitectura das pernas, débil armazón
sae e entra na casa
escoce tanto a vista
que non podemos pechar os ollos
só corremos, maratón endiañado
sen entender o descomposto sinal
que fede a manzaíña.

Lonxe do faro diamantísimo
as consecuencias do esquecido pedalean.
avelaíñahttp://www.blogger.com/profile/01306386962415562056noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-6476079331027388760.post-62064013502580606942007-11-17T16:51:00.000+01:002007-11-17T16:59:07.376+01:00

Coa miña saliva podes facer tódolas viaxes
deixar pesquisas nos retretes da estación
acostumada a seguirte plantando flores e maletas
que non xermolan en ningures
coma cando chove nos desertos do corazón.
Cando xa non hai uvas que apañar polo camiño
e non soporto facer a cama soa coma de nena
derrúmbaseme a ventá desde a que te vexo
todo o que te observo desde o andén.
Coa miña saliva podes poñer niños nas zarzas
e esperar e esperar

ata que tropeces comigo.
avelaíñahttp://www.blogger.com/profile/01306386962415562056noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-6476079331027388760.post-21861313430029517692007-11-15T22:37:00.001+01:002008-05-07T00:47:52.419+02:00

Bebo do outono as cordas da melancolía
coma quen estremece o vento
almorzo con leite o lamento
mentres caen os céntimos no chan
mentres caen das árbores, paseniño
as mañás de novembro.

As fenestras seguen pechadas, coma vós
pero ó final da rúa sen nome
atoparei o portón entre toxos e basoira
enterrarei o lastre, se rogas
mesmo plantarei mazairas na horta
na procura das chaves que perdín.

Lonxe de se atraeren os polos opostos
rebozareime no medio das follas, do barro
desacougada
dándolle forma cos pés á ánfora
da que beberei ácida cando chova.

Coma as mañás de novembro
caio lenta das árbores e no proceso,
toda a música que non escoito.
avelaíñahttp://www.blogger.com/profile/01306386962415562056noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-6476079331027388760.post-65970018645073057642007-11-05T22:43:00.000+01:002007-11-06T18:44:05.811+01:00

Catrocentos kilómetros de asfalto se deteñen
nun ruxir de pálpitos descabalados.
No mar de palla non navegan árbores
buceo eu, perdida
concéntrica na xeometría do que busca.
Desheredada estou sobre esta terra

co manto de pedra vestíndome polos pés.
avelaíñahttp://www.blogger.com/profile/01306386962415562056noreply@blogger.com