viernes 9 de mayo de 2008

Declaración Irmanciña.

Non falas porque es parvo. E colles mal os cubertos mentres emites ruidos estranos coa boca chea de macarróns con queixo. Ao teu lado, tarzán sería o gentleman que toda adolescente precintaría nas paredes do cuarto. Ademáis tes as unllas negras de argallar na cadena da bicicleta. Lévaste a matar coas ecuacións inda que aspires a enxeñeiro. E non lle toques as narices á cadela, que calquer día vanche aparecer roídos os cables da Play. Por moito que rapees, os Rolling seguirán atronando a casa: somos tres contra un. Así que vaille poñer as medias a túa avoa que hoxe tócache a ti.

Non falas porque eres tímido. E gústanche máis os macarróns con queixo que preparo eu que os de mamá. Volves toliñas ás rapazas con ese look desaliñado. Ademáis, estás feito un "manitas". E inda que che custe aprobar as matemáticas, loitas para gañar. Ás veces a cadela vaite espertar ao cuarto e, cando quere xogar coa pelota, búscate a ti. Pídesme que che grave música e poñémonos a tolear. E faslle sorrir á avoa cando non a pescas facendo trampas coas cartas.
Pero, por deus, non volvas tirar unha vengala dende o balcón, que os novos xeranios son ben bonitos.

10 avelaíñas:

O Raposo dijo...

Vaia, vaia, vexo que volviches a blogosfera con forza.
Apertas.

vakastolas dijo...

A raza dos irmáns pequenos é unha das máis peculiares. O meu sempre lle gustan cousas diferentes que a min e eu empezo a pensar que é por unha necesidade intrínseca de repartirnos os territorios. Aínda así eu quéroo. Pobriño!

sara jess dijo...

:)

condado dijo...

En democracia, tamén deberan deixar falar antes ás aboas dalgúns diputados, entenderiamos mellor non?

L&M dijo...

o mundo seria muito mais aborrecido sem os irmáns que nos fam tolear e sorrir ao mesmo tempo. como arcos da vella.

Anónimo dijo...

Esa bloguera!!!

Moi bo tanto o deseño como os textos, pero eu teño dominio .es muahahha!!!

Parecechesme unha boa persoa, espero que te vaian ben os estudos =)

Pd: 5 correos eu teño....

Un besote moi forte ave.

avelaíña dijo...

ñas, Viter-Kas... inda te extendiche!! jaja
tesme que por a dire da túa páxina que a perdín...
Outro biquiño para ti!

Manel Vázquez dijo...

unha das declaracións máis importante e máis tenra das que se teñen producido na contemporaneidade.

Silvana dijo...

As duas caras da mesma moeda!!!

vakastolas dijo...

Deixeiche no meu blog unha pequena invitación. Un saúdo.