
Se teño que definir "tenrura" a palabra precisa é abril. Non por ser o mes das flores nin porque a primavera altere o sangue. Abril porque nel sempre suceden cousas inesperadas e si lle teño que ter cariño a un mes como llo teño a un can, abril sería o meu fiel compañeiro de apertas e nostalxias.
Abril tróuxome en volandas. En ocasións demostroume que a lei da gravidade é paralela ás gañas que lle poñas. E que as catro estacións inflúen na atemporalidade das terminais. Abril sacoume a pasear e marcou as coordenadas mexando nas farolas, mais nunca lle tiven que por a correa porque xamáis se perdeu buscándome.
Con abril son un ano máis vella. E é probable que comece a terlle manía cando chegue aos 30. Daquela, escollerei outro mes para coidar na memoria. Todo o mundo sabe que as mascotas non duran moito máis dunha década.
Con abril son un ano máis vella. E é probable que comece a terlle manía cando chegue aos 30. Daquela, escollerei outro mes para coidar na memoria. Todo o mundo sabe que as mascotas non duran moito máis dunha década.


3 avelaíñas:
Dos trinta en diante para min todos os meses foron e son de días de abril.
Abril é o motivo de moitas cancións, algo debe de ter cando a tanta xentiña inspira.
Fotografía/Guitarra/Algúnslibros/Máis dunha canción/A bicicleta/A moto/As canas de pescar/Os nomes dos cans... Cómo que as mascotas non duran máis dunha década?
... Se está arrimando un día feliz, un día de duendes en añejo,un día de abril se va arrimando, a los finales de noviembre..
Publicar un comentario en la entrada