domingo 9 de diciembre de 2007


É funambulista esta terra, sentada na pedra bota lume pola boca.
Foron as chamas do millo en agosto as que preñaron a pedra e así se enxendrou antes dos séculos. Habería formas máis bonitas de nacer pois donde habita a terra anidan as cigoñas.

6 avelaíñas:

Chousa da Alcandra dijo...

Cando abría a ventaniña para respostar a este post, a miña mente voaba coas cigoñas, na pretensión de continuar unha estrofa máis. (Ousado que son).
O tempo que tardou en abrirse, derivou en tantos finais, que mudei de idea:
Acenderei, con un bico, a luz que faga voar a Avelaíña, para que todos poidamos disfrutar dela.

Un bico

APÁTRIDA dijo...

Só pode haber espacio para unha palabra FERMOSO.
Un saúdo

Sun Iou Miou dijo...

Espertábanme a crotorar as cigoñas no niño da torre cando aínda eran aves de paso. Agora, tan lonxe, inda o sinto a bater no peito.

O Raposo dijo...

Sempre sentín una atracción especial polas cigoñas: quizais polo seu blanco restellando na paisaxe; quizais polos seus niños, grandes, no alto, como dominando o entorno; quizais (esta pode que sexa a verdadeira razón) porque de pequeniño me decían que me trouxera unha delas desde París, nada menos.
Apertas.

FraVernero dijo...

Coidado coa pedra-dragón, que regolda un arroto de chamas e pedra derretida, cun fermoso gume de lava a fluír entre as imaxes e as verbas que teciche hoxe para nós...

Derretiu a calor á paisaxe nunha masa mol, gomosa de chicle que evoca a un Van Gogh de pincelada febril?

Quizais, quizais...

vakastolas dijo...

É un forma de nacer fermosa, enxendrada no calorciño do verán. As cigoñas van e veñen, a pedra quédase, ás veces...