
Coa miña saliva podes facer tódolas viaxes
deixar pesquisas nos retretes da estación
acostumada a seguirte plantando flores e maletas
que non xermolan en ningures
coma cando chove nos desertos do corazón.
Cando xa non hai uvas que apañar polo camiño
e non soporto facer a cama soa coma de nena
derrúmbaseme a ventá desde a que te vexo
todo o que te observo desde o andén.
Coa miña saliva podes poñer niños nas zarzas
e esperar e esperar
deixar pesquisas nos retretes da estación
acostumada a seguirte plantando flores e maletas
que non xermolan en ningures
coma cando chove nos desertos do corazón.
Cando xa non hai uvas que apañar polo camiño
e non soporto facer a cama soa coma de nena
derrúmbaseme a ventá desde a que te vexo
todo o que te observo desde o andén.
Coa miña saliva podes poñer niños nas zarzas
e esperar e esperar
ata que tropeces comigo.


12 avelaíñas:
Vaia, unha blogueira novata coma min.
Muy bueno este segundo asalto.
Xa me deu co conto... co que me gustan a min as palabras ben colocadas no seu sitio seguro que me ten de habitante cuasipermanente da súa páxina. Deséxolle moito que dicir, eu quedarei aquí pegada agardando...
Que terán os trens, e os seus camiños de ferro, as estacións de teitos elevados e a música incomprensible dos altofalantes, o cheiro especial que desprenden as maletas pousadas na plataforma, a maxia cando se sobe pola escada e a leve sacudida da partida?
Fermosa maneira de comenzar un viaxe.
Hai salivas alimenticias.
Vaia... Fascinante! Porqué nos fuxen aqueles (ou aquelas) que deberan topar connosco, unha e mil veces, nas estacións e eixos de cordenadas nas que discurren os nosos días?
Amo o tren cun amor cobizoso, e máis as liñas rectas que traza, nesa escrita caligráfica en times new roman sobre a paisaxe...
E as estacións, as catedrais do século XIX...
O malo das vias e que son frias...
O malo do tren e que e rapido, e todo se difumina coma a paisaxe...
Camiña por algunha fraga, e que o que teñas por riba da tua cabeza mentras pensas, non sea metal, senon arbores.
Segue así que has chegar lonxe.
A. Fernández Paz.
Moito me alegro de que haxa outro caderno poético neste espazo infinto da rede. Adiante!
Unha estación tamén é un bo lugar para atoparse con alguén.
Fermoso poema.
"Coa miña saliva podes facer tódolas viaxes"
"Coa miña saliva podes poñer niños nas zarzas"
É unha declaración extraordinaria. Encantoume. (E tómome a licencia de decirte que escribes de maravilla).
Publicar un comentario en la entrada