sábado 24 de noviembre de 2007


Buscamos recunchos nos que sedimentar
focos de luz
para espirse cada mañá
mentres no tempo
só existe o asfalto en bicicleta
¿Por que corremos lento?
Non teño máis piñóns que vinte dedos
a arquitectura das pernas, débil armazón
sae e entra na casa
escoce tanto a vista
que non podemos pechar os ollos
só corremos, maratón endiañado
sen entender o descomposto sinal
que fede a manzaíña.

Lonxe do faro diamantísimo
as consecuencias do esquecido pedalean.

5 avelaíñas:

FraVernero dijo...

Non só pedalean as consecuencias do esquecido... perséguennos inmisericordemente, como sombras nosas que colleran independencia e libre movemento entre as súas propiedades...

Sempre escolle vostede unha rima visual moi efectista entre os seus versos e as imaxes que cola. Encantoume a foto! Moitísimo. O que non quere dicir que o texto non me gustara tamén, claro.
¿Porqué corremos lento? Tememos quizais para e ter que pensar, tamén lento, ou ler as claves encriptas nese descomposto sinal que non somos quen de entender?

Sun Iou Miou dijo...

A prótese perfecta co seu son sutilísimo.

O Raposo dijo...

Corremos porque se empeñan en ensinarnos que a vida é unha carreira contrarreloxo, pero chegar primeiro non significa ser o mellor.
Daquela, en bicicleta disfrútase mais do sendeiro.
Apertas.

vakastolas dijo...

As consecuencias do esquecido pedalean... gustoume especialmente. Lembroume que nas rúas hay millóns de bicicletas que non son a miña.

Anónimo dijo...

tes este blog un pouco abandonado,gustaríame coñecer algo máis da tua poesía, porque a verdade non desmerece en nada a outras poetas galegas consolidadas. Animate e colga algún que outro poema mais.
Renata