lunes 5 de noviembre de 2007




Catrocentos kilómetros de asfalto se deteñen
nun ruxir de pálpitos descabalados.
No mar de palla non navegan árbores
buceo eu, perdida
concéntrica na xeometría do que busca.
Desheredada estou sobre esta terra
co manto de pedra vestíndome polos pés.

2 avelaíñas:

Silvana dijo...

Moi bo.

Sun Iou Miou dijo...

Entre esas pedras fíxose cinza a carne, ósos e sangue de quen foi eu antes de eu ser quen agora son, tamén desherdados e sen sombra. Estreméceme o recordo.