
Bebo do outono as cordas da melancolía
coma quen estremece o vento
almorzo con leite o lamento
mentres caen os céntimos no chan
mentres caen das árbores, paseniño
as mañás de novembro.
As fenestras seguen pechadas, coma vós
pero ó final da rúa sen nome
atoparei o portón entre toxos e basoira
enterrarei o lastre, se rogas
mesmo plantarei mazairas na horta
na procura das chaves que perdín.
Lonxe de se atraeren os polos opostos
rebozareime no medio das follas, do barro
desacougada
dándolle forma cos pés á ánfora
da que beberei ácida cando chova.
Coma as mañás de novembro
caio lenta das árbores e no proceso,
toda a música que non escoito.


7 avelaíñas:
Interesantísimo. Xa o teño entre os meus favoritos.
para cando un libro
e un poema precioso, gustariame saber si xa tes algo publicado, e sinon e unha pena que as letras galegas non aposten por xente coma ti.
Fermosas verbas as que atopo neste ring poético. Volverei non vindeiros asaltos.
Fermoso poema. Un saúdo.
Espertar coa primeira xiada deste outono, fóra o sol a furar entre as follas do arce que non recoñecen novembro, e caer logo aquí contra cordas nun KO que nos devolve o sentido... Bon día.
Voas con soltura na nocturnidade (grafías brancas sobre tapiz negro).
Volve pola Chousa cando gustes. Baixerei a intensidade da luz...
Publicar un comentario en la entrada